Monday 16 de September de 2024

A veciñanza de Brión recupera 3.849 quilos de téxtil usado durante o primeiro semestre de 2018, un 7% más co ano anterior


A veciñanza de Brión recuperou 3.849 quilos de téxtil usado durante o primeiro semestre de 2018, o que representa un aumento do 7% con respecto ao mesmo período do ano anterior (3.589 quilos). Son datos de Humana, Fundación Pueblo para Pueblo, organización que promove a protección do medio ambiente a través da reutilización do téxtil, levando a cabo programas de apoio local en España e programas de cooperación en África, América Latina e Asia.

As cifras rexistradas entre xaneiro e xuño equivalen a 7.900 prendas recuperadas pola veciñanza brionesa e que Humana reintroducirá no mercado a través da reutilización e a reciclaxe. Unhas prendas que proceden do contedor de Humana, emprazado entre o centro de saúde e o local da banda de música de Brión, onde a veciñanza pode depositar roupa, calzado, complementos e o téxtil do fogar que xa non utiliza e aos que se lle dá unha segunda vida. Un servizo de recollida gratuíto que tamén supón un importante apoio ao medio ambiente, pois supón evitar a emisión de 12 toneladas de CO2 á atmosfera.

A maiores, o Concello de Brión tamén mantén durante todo o ano o programa Brión Solidario, no que tamén se pode colaborar achegando roupa, calzado e todo tipo de enseres que solicitan as familias máis necesitadas do municipio. Un programa que se xestiona de forma totalmente anónima dende os Servizos Sociais municipais que, a través de e-mail, informa aos veciños e veciñas das necesidades concretas.